Silencio, silencio Amor
que me criban os silencios
que ti deixas lapidados de misterio
e a mirada perdida noutra parte.
Silencio, silencio Amor que xa me mata
a soidade coas miserias
por non te ter máis ca no soño
das noites que te chaman.
Silencio, Amor, silencio, que me afogo
nas bágoas vertidas polos outros.
Silencio, que me aman as verdades
berradas no silencio desas lúas.
Silencio, Amor, silencio
martelando coas frases a medias
e os entreditos balbucientes
que murmuran en silencio o seu temor.
Silencio, silencio Amor,
que quero amarte.
Silencio, Amor, silencio,
que me criban os silencios
a soidade coas miserias,
nas bágoas vertidas polos outros,
martelando coas frases a medias.
Silencio, Amor, silencio,
que quero amarte.
Carmen Carballo

1 comentario:
ufff, sem palavras.Un beijo unha aperta
Publicar un comentario